Comprometidos con Galicia

Atlantic Oil Star é un operador de produtos petrolíferos dedicado ó suministro de hidrocarburos ó por maior.

Somo o único operador de Galicia, especializado en ofrecer os nosos produtos co mellor servizo e cercanía ós nosos clientes.

¿POR QUÉ ATLANTIC OIL STAR?

EQUIPO

Os teus pedidos nas mellores mans.

A nosa atención é cercana, personalizada e de confianza. A túa satisfacción é o noso éxito.

AUXILIDADE

Rapidez e dispoñibilidade.

Pódesnos contactar por diferentes vías para a xestión dos teus cargamentos.

CONFIANZA

Garantía e calidade.

Dispoñemos de todas as garantías de calidade dos nosos produtos, servidos nas instalacións de CLH. Contacta con nós para obter máis especificacións.

COMPROMISO

O noso entorno.

Apoiamos o desenvolvemento de asociacións, deportes e organizacións locais para agradecer a súa confianza.

OS NOSOS INICIOS

Dende a nosa creación no ano 2015 e grazas á confianza dos nosos clientes, o noso crecemento vai en aumento.

Asentados en Vilagarcía de Arousa como único operador de produtos petrolíferos de Galicia, coidamos que cada cliente teña á súa disposición o mellor servizo para cargar nos depósitos que CLH ten en Bens (A Coruña) e Vigo.

ESTRATEXIA E COMPROMISO

A nosa estratexia baséase na atención que ofrecemos ás esixencias de cada cliente e na nosa dispoñibilidade para atender calquera necesidade.

O noso presente e futuro é o compromiso coas empresas e o territorio, e que a marca Atlantic Oil Star vaia ligada a Galicia para agradecer a súa confianza en nós. A nosa situación xeográfica permítenos a exportación a Portugal, expandindo os nosos centros de carga a Mérida e Huelva.

TOP