Indicador Ardán

Recoñecemento como Empresa Gacela

En outubro de 2020, Atlantic Oil Star obtuvo o indicador Ardán como Empresa Gacela, outorgado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Este certificado acredita unha taxa de crecemento elevada e constante na cifra de ingresos, superior ó 25%, durante tres anos consecutivos. Isto sempre que a cifra de facturación do primeiro ano do período de análise sexa maior a 300.000€.

O indicador como Empresa Gacela está referido ó intervalo 2016-2018 e só o 5% de empresas en Galicia mantén os criterios para recibir este distintivo ou outro dos que outorga o Consorcio Zona Franca de Vigo.

Os indicadores Ardán premian as competencias diferenciais que fan ás empresas máis dinámicas, que teñen alta capacidade de resposta e adaptación ás esixencias do mercado, que atraen talento e inversión e favorecen a competitividade global, a creación de emprego e riqueza do noso país.